
Vilela (Santiago)

Parroquia do arciprestado de Aguiar, provincia e diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Castelo e Ribeiras de Lea (N.); San Lourenzo de Aguiar e Bonxe (S.); Sobrada (LE.) e Folgueira (OE.); dista 4,8 km. da capital municipal.
Presenta 154 veciños distribuídos en 7 aldeas:
- As Cavadas (34 veciños)
- A Laciana (8 veciños)
- A Saleta (24 veciños)
- Veigadolga (4 veciños) |
- Vilela Grande (10 veciños)
- Vilela Pequena (66 veciños)
- O Fin (8 veciños) |
Dependente da súa xurisdición, o anexo O Salvador de Castelo, está bañada polo arroio de Carballosa e alcanza unha altitude máxima de 400 m.
Ademais da igrexa parroquial de Vilela, na cal podemos atopar tallas populares do s. XVI e XIX, podemos destacala presenza de dous cruceiros de recente creación; un en Vilela Pequena (1945) e outro de Vilela Grande, feito polo escultor Mallo en 1982.
Festividades:
O primeiro domingo de maio (entre o 4 e o 11) celébrase o San Isidro.
Antigamente festexábase tamén no día de Santiago, o Santiago Apóstolo.