> Taboi (San Pedro)
Imagen Parroquia do arciprestado de A Terra Chá e diocese de Mondoñedo - Ferrol. Delimitada polas parroquias de Bestar e Sisoi (N.), Folgueira (S.), Castelo e Mos (LE.) e Cela e Sisoi (OE.); dista 5 km. da capital do municipio.




Presenta 74 habitantes distribuídos en 9 barrios:
- Fontela (10 veciños)
- Fraíz (5 veciños)
- Xigán (7 veciños)
- Pacio (6 veciños)
- O Pasadoiro (8 veciños)
- O Pereiro (19 veciños)
- A Peroxa (7 veciños)
- Transfonte (8 veciños)
- San Marcos (4 veciños)

Regan as súas terras o río Miño, alcanzando a súa máxima altitude no Monte Rozas do Cruceiro (400 m.).

Destacar a presenza no seu termo do Pazo de Guevara, con capela barroca e pombal (construción anterior ó s. XVII); así como do Pazo -torre de Taboi, primitivo solar dos Saavedra, composto por varias casas, entre elas a Casa do Bordón e a Casa do Pacio. Deste último conxunto na actualidade só quedan os escudos de armas que estaban inseridos nas fachadas das dúas casas xa mencionadas, sitos agora na fachada da Casa de Bordón e a Torre de Taboi.

> Festividades:

Antigamente celebrábase unha festa en honor a San Pedro o 29 de xuño.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .