> Silvarrei (San Xoán)
Imagen Parroquia pertencente ó arciprestado de Coutos da Esquerda, provincia e diocese de Lugo. Anexa ás parroquias de Robra e Bonxe (N.), Tirimol (S.), Mosteiro e Pías (LE.) e Robra e Guillar (OE.); dista 3,2 km. da capital municipal.





Presenta 380 veciños distribuídos en 4 barrios:
- Cabanas (5 veciños)
- Constante (152 veciños)
- Pape (100 veciños)
- Silvarrei (123 veciños) 
- Leiros Largos (0 veciños)
Regada polo arroio de Santa Marta, alcanza a súa máxima altitude no Cordal de Santa María (444 m.) e no Cordal de "Tras As Rozas" (435 m.).

Nesta parroquia apareceu ó achado máis antigo do que temos noticia no Concello, un bifaz do período Achelense (500.000 - 95.000 a.C.). Ademais é unha zona cunha importante presenza de mámoas (entre 15 e 20 túmulos localizáronse preto das aldeas de Constante e Silvarrei, así como no Monte "Tras as Rozas") e antigo asentamento celta de acordo os estudios filolóxicos realizados.

O "Camiño Vello" ou "Camiño Real" atravesa o barrio de Constante, onde aínda se pode observar parte dunha pequena ponte de construción bastante antiga.

> Festividades:

Celébrase o San Xoán no mes de xuño.
Antigamente festexábase a Santa Marta, que se recuperou hai uns tres anos, e a Ascensión.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .