> San Fiz de Paz (San Pedro Fiz)
Imagen Parroquia do arciprestado de Aguiar e diocese de Lugo. Anexa a San Lourenzo de Aguiar, Arcos e Duarría (N.), Teixeiro e San Clodio de Aguiar (S.), Dumpín e Teixeiro (LE.) e Mosteiro (OE.); dista 6 km. da capital do municipio e, bañada polo arroio de Moreira, alcanza unha altitude máxima de 510 m.



Presenta 168 veciños organizados en 12 barrios:
- Abeladoira (5 veciños)
- Agüeiros (4 veciños)
- O Castro (14 veciños)
- Liñares (5 veciños)
- Montemaior (7 veciños)
- Paz (21 veciños)
- Penadedra (38 veciños)
- Porto de Vao (5 veciños)
- Riasco (12 veciños)
- Vilar (32 veciños)
- Guimarás (2 veciños)
- Xunto da Igrexa (23 veciños)

Antigamente estivo baixo a xurisdición de Castro de Rei. Conta entre os seus vestixios históricos con dous castros: "O Castedo" e o "Castro de Montemaior", así como cunha capela chamada "da Natividade" en Penadedra a cal aparece xunto a un peto de ánimas e unha cruz de pedra.

De acordo á bibliografía consultada tamén debemos citar unha cámara sepulcral soterrada cun corredor de acceso rodeado de grandes pedras, hoxe desaparecida.

> Festividades:

O primeiro domingo de setembro celébrase a festa en honor á Virxe do Carme.
O domingo seguinte ó 8 de setembro festéxase na capela de Penadedra unha festa en honor á Virxe dos Remedios.
En vésperas da festa da Virxe do Carme, celébrase agora o San Antonio, e no mes de xuño (un domingo entorno ó día 13) hai misas durante toda a mañá na honra da Virxe de Fátima.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .