> Mosteiro (San Salvador)
Imagen Parroquia do arciprestado de Aguiar, diocese e provincia de Lugo. Delimitada polas parroquias de Silvarrei (OE.), Bonxe e San Lourenzo de Aguiar (N.), Paz e San Clodio (LE.) e polo Concello de Lugo (S.); dista 4,5 km. da capital municipal.





Presenta 153 habitantes distribuídos en 10 aldeas:
- Carballido (15 veciños)
- Couso (13 veciños)
- Felmil (7 veciños)
- Ferreira (20 veciños)
- O Granxo (11 veciños)
- O Hedrado (8 veciños)
- Maceda (55 veciños)
- Outón (15 veciños)
- Casa do Monte (4 veciños)
- Carballido de Arriba (5 veciños)

Baña as súas terras o arroio O Pazo, e os seus principais accidentes xeográficos son: o Cordal Acea (490 m.) e o Cordal Ardellal (539 m.).

En canto o patrimonio histórico-arqueolóxico localizado nesta parroquia, podemos falar da existencia dun cruceiro, hoxe desaparecido no lugar chamado "Campo do cruceiro". Así mesmo, atopamos unha casa con escudo de armas en Couso.

> Festividades:

O último fin de semana de agosto celébrase o San Salvador.
Antigamente tamén festexábase a Virxe do Rosario (en outubro).
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .