> Gaioso (Santiago)
Imagen Parroquia do arciprestado de Narla e da diocese de Lugo. Anexa a Francos (S.), Rábade (LE.) e Begonte (N. e OE.); a súa igrexa parroquial dista 6 km. da capital do municipio.





Presenta 160 habitantes organizados nas 6 aldeas nas que se divide a citada parroquia:
- A Feira (37 habitantes)
- Eirexa (30 habitantes)
- Lama (14 habitantes)
- Longarela (24 habitantes)
- A Ponte (7 habitantes)
- Xueus (48 habitantes)

Os seus principais accidentes xeográficos son o río Ladra, o seu afluente o Dongrandío e a Insua -As Rozas-.

Alcanza a súa máxima altitude no lugar de Penas de Rodas (613 m.). Neste lugar atópase a espazosa Area Recreativa de Penas de Rodas onde se localizan dúas enormes e orixinais moles graníticas que son resultado da erosión diferencial sufrida o longo de millóns de anos e que dende o seu elevado emprazamento permiten observar unha ampla panorámica constituíndo así un magnífico miradoiro natural da "Terra Chá".

Imagen Imagen

Entorno a estas pedras a fantasía popular creou numerosas lendas. A máis estendida e aquela que afirma que no interior dunha delas hai ouro mentres que a outra garda alcatrán, e de romperse este última toda a comarca quedaría anegada. O non poder identificar cal é a que garda o tesouro, salváronse as dúas.

Como vestixios históricos destacala presenza dunha mámoa no Agro de Paradela, así como de dúas casas solariegas: a Casa de A Barreira e a Casa de Ribado.

Esta parroquia é atravesada polo chamado "Camiño Francés", un dos ramais nos que se divide o Camiño Real o atravesa-la ponte que une Outeiro de Rei a Rábade.

Imagen Imagen
Restaurante "Río Ladra" Casa da Radio

Durante a Idade Moderna e ata 1950 / 1960 (aproximadamente) celebrouse nesta parroquia (concretamente no barrio de A Feira) unha feira a que acudían persoas das distintas parroquias do Concello e arredores para vender ou comprar gando, queixos, cereais, olas...

Nese mesmo lugar (o campo da feira) dende 1900 érguese un cruceiro.

En Gaioso atopamos ademais unha casa de turismo rural: "Río Ladra" 982 390 706, que alberga a "Casa da radio" onde se pode atopar unha importante colección de aparatos de radio, algún deles con 75 anos de antigüidade.

> Festividades:

Celébrase o Santiago Apóstolo e Santa Ana (o 25 - 26 de xullo).
En Penas de Rodas, a Asociación Cultural "Penas de Rodas" organiza a xa tradicional "Romaxe de Penas de Rodas" que se celebra o domingo anterior ó 12 de agosto.
Antigamente festexábase tamén o San Antonio (17 de xaneiro) e o San Roque (en agosto).
Imagen
  Romaxe de Penas de Rodas
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .