> Francos (Santiago)
Imagen Parroquia do arciprestado de Narla e da diocese de Lugo. Anexa ás parroquias de Santiago de Gaioso (N.), Aspai, Martul e Candai (S.), Caboi (LE.) e Santo Tomé de Gaioso e o Concello de Begonte (OE.); dista 5,7 km. da capital municipal.

Conta con 64 habitantes distribuídos en tres barrios:
- Francos (23 veciños)
- Maunfe (27 veciños)
- Reboreda (14 veciños)
Imagen
  Reboreda de Abaixo


Os principais accidentes xeográficos son o río Ladra e os montes de Penas de Rodas e Castelo do Ferreiro (613 m. e 502 m. respectivamente).

Sobre a súa antigüidade, xa no concilio lucense da época sueva, aparece mencionada a "villa de Francos" ó establece-los límites do condado de Sobrada; villa que sen dúbida se corresponde ca actual parroquia.

Do seu patrimonio histórico-artístico destaca-lo castro chamado Castelo do Ferreiro, así coma un monumento que se fixo hai uns 40 anos sobre roca granítica en honor ó Sagrado Corazón. Ademais debemos citar a súa igrexa parroquial, de orixe románica (aínda que desta primitiva construción só se conserva a ábsida), e un cruceiro sito en Reboreda (do ano 1838 ou 1858, a data non está clara). Por último, o "Camiño francés" atravesa esta parroquia.

Existe unha casa de turismo rural: "Reboreda de Abaixo". 982 390 505 / www.reboredadeabaixo.es

> Festividades:

Festa en honor a San Benito a finais de setembro.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .