> Castelo de Rei (San Salvador)
Imagen Parroquia do arciprestado de Aguiar e a diocese de Lugo. Anexa a Ribeiras de Lea polo Norte e o Leste, e as parroquias de Taboi (OE.), Vilela e Folgueira (S.); a súa igrexa parroquial dista 5 km. da capital do Concello.





Conta con 73 habitantes distribuídos en tres barrios:
- Castelo (50 veciños)
- As Reboleiras (19 veciños)
- Bieite (4 veciños)
E baña as súas terras o arroio de Carballosa.

Do seu pasado señorial queda en pé a Casa Grande dos Andrade (s. XVIII) con escudo de armas e capela.

Destacar tamén en Castelo a presenza dunha carballa coñecida como "Carballa de Froilán" (árbore centenaria) que segundo a tradición popular ó ser oca por dentro foi empregada na época do racionamento para agachar alimentos no seu interior. [Fonte: Estudio do Medio do Concello de Outeiro de Rei, 1999].

> Festividades:

O último domingo de agosto celébrase o San Salvador.
Antigamente celebrábase tamén A Candelaria (o 2 de febreiro).
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .