> Candai (San Vicente)
Imagen Parroquia pertencente ó arciprestado de Narla e a diocese de Lugo. Anexa ás parroquias de Francos e Santo Tomé de Gaioso (N.), Aspai (LE.), Vicinte (S.) e ó Concello de Friol polo (OE.); a súa igrexa parroquial dista 7,8 km. da capital do Municipio.





Presenta 75 habitantes distribuídos en 8 barrios:
- Candai de Abaixo (13 veciños)
- Candai de Arriba (6 veciños)
- Currás (10 veciños)
- Lavadoiro (3 veciños)
- Mangoeiro (2 veciños)
- As Penas (10 veciños)
- Piñeiro (17 veciños)
- Susavila (14 veciños)

Situada á marxe dereita do Miño, regan as súas terras os arroios Portoprés e As Chairas, e alcanza a súa máxima altitude no Cordal de Candas (605 m.). En canto a súa riqueza histórico-arqueolóxica menciona-la existencia dun reducido número de mámoas (3 - 4) no chamado Monte de Candai, así como a súa igrexa parroquial (barroca), reedificada no 1877 sobre os cimentos dunha anterior probablemente de orixe románico.

> Festividades:

O 22 de xaneiro celébrase o San Vicente.
O 13 de xuño celébrase o San Antonio.

Antigamente facíanse dúas festas máis:

A Nosa Señora (15 de agosto).
A Santa Lucía (no Nadal).
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .