> Caboi (San Martiño)
Imagen Parroquia incluída no arciprestado de Aguiar e na diocese de Lugo. Delimitada polo Concello de Rábade polo Norte, e polas parroquias de Francos (OE.), Martul (S.) e San Xoán de Outeiro de Rei e Santa Mariña (LE.); dista 3 km. da capital do Municipio e regan o seu termo o río Ladra e o Miño.




Conta con 107 habitantes distribuídos nas 4 aldeas nas que se organiza a citada parroquia:
- Astariz (70 veciños)
- Caboi (6 veciños)
- Fontela (28 veciños)
- O Mato (3 veciños)

De acordo ás fontes bibliográficas consultadas, como por exemplo: o "Inventario del Patrimonio artístico de España: Lugo y su Provincia" debemos destacar que a aldea de Astariz ostentaba na época sueva o título de "Coto Real" e gobernábase con autoridades propias. Xa na época medieval esta parroquia debeu ser unha fortaleza, xa que aínda se poden apreciar nalgúns lugares, restos das murallas e foxos que a rodearon naqueles tempos; e ademais temos noticias da existencia dunha torre, hoxe desaparecida. Outra proba do seu señorío e nobreza é a Casa de Prado, con pedra de armas na fachada.

> Festividades:

Festa en honor á Virxe do Socorro o primeiro fin de semana de xuño.
Tamén se celebraba o San Martiño (11 de novembro).
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .