> Arcos (San Pedro)
Imagen Parroquia incluída baixo o arciprestado de Aguiar e a diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Sobrada (N.), San Lourenzo de Aguiar (OE.), Paz (S.) e polo Concello de Castro de Rei polo Leste.




Presenta 65 habitantes organizados en 6 aldeas nas que se divide a citada parroquia:
- Bullas (22 veciños)
- A Cabana (12 veciños)
- O Cruceiro (14 veciños)
- O Pecouzo (6 veciños)
- A Torre (8 veciños)
- O Bidral (3 veciños)

Terra chaira, non supera os 400 m. de altitude media, posúe canteiras de granito e area; bañan os seu termo o arroio de Bullas.

Como vestixios prehistóricos atopámonos cun grupo de 7 - 8 mámoas localizadas preto da aldea de Bullas, de acordo ó estudio realizado por Xoán F. Núñez e Laura Rodríguez Varela "Arqueología de Outeiro de Rei: mámoas e outros restos" publicada na revista Croa, nº 5 (1995).

O esplendor que viviu o Concello na Idade Media, plásmase nesta parroquia ca presenza de dúas casas señoriais: o Pazo de Miraz (hoxe dedicado a casa de labranza) e a Casa-Torre de Arcos, hoxe desaparecida e da que só temos noticia a través das fontes bibliográficas.

Por último destacar a presenza de dous cruceiros; un deles do ano 1883.

> Festividades:

Festa en honor á Virxe das Angustias, celébrase o fin de semana coincidente ou posterior ó día 14 de setembro. Neste día venérase tamén o Santo Ecce Homo.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .