> Aguiar (San Lourenzo)
Imagen Parroquia pertencente ó arciprestado de Aguiar e a diocese e provincia de Lugo. Limita polo Norte con Vilela e Sobrada, polo Oeste con Bonxe, polo Leste con Arcos e polo Sur con Paz e Mosteiro; presenta unha extensión de 1,9 km² e é atravesada polos arroios de Fiar e Vello Rullas.



Presenta 105 habitantes distribuídos en catro barrios:
- O Couto (63 veciños)
- O Picato (1 veciños)
- Redondiña (32 veciños)
- Saa (9 veciños)

Como vestixios históricos destacar o Castelo do Picato, que xunto co Castro de Tourón (Guillar) son os dous máis destacados do Concello, xa que polos restos chegados ata nós, parece que foron romanizados e perviviron durante a dominación romana.

> Festividades:

O último fin de semana de maio celébrase unha festa en honor á Virxe da Saúde, a cal conta cunha importante antigüidade, non deixando de realizarse incluso durante a Guerra Civil.

Tradicionalmente celebrábase outra festa en honor a San Lourenzo o 10 de agosto.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .