>Programa de Actividades para Persoas Maiores 2019/2020

Requisitos a ter en conta:

  • Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
  • No caso de que o/a acompañante sexa o cónxuxe, este poderá inscribirse ainda que non cumpra o anterior requisito como acompañante para as viaxes ou comidas que se celebren.
  • Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
  • As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude; a celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista ou imprevistos que poidan xurdir.
  • As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
    • Para as actividades do ano 2019, do 9 ao 24 de xullo.
    • Para as actividades do ano 2020 o prazo de inscrición estará aberto nos 20 días anteriores ao inicio da actividade.

> XXVII FESTA DOS XUBILADOS

Data: DOMINGO, 21/07/2019
Lugar: CAMPO DE SANTA ISABEL
Cota: 5 € (xubilados ou pensionistas) 
          20 € (acompañantes que non reúnan o requisito anterior)

> DE EXCURSIÓN A ...

- PARGA: Feira da Cantería, Callos e Artesanía
Data: DOMINGO, 21/07/2019
Horario: De 10:15 h a 19:00 h
N• prazas: 53
Lugar saída: Praza do Concello
Cota: Gratuíta (salvo a comida)

A viaxe inclúe unha parada no Balneario de Pardiñas


- A ESTRADA: Pazo de Oca e SANTIAGO DE COMPOSTELA
Data: VENRES, 27/03/2020
Horario: De 09:30 h a 19:30 h
N• prazas: 53
Lugar saída: Praza do Concello
Cota: Bus gratuíto

A viaxe inclúe a visita aos xardíns do Pazo (4 €) e a visita guiada opcional ao interior do Pazo (13 €)


- VILANOVA DOS INFANTES: Romaría etnográfica RAIGAME
Data: DOMINGO, 17/05/2020
Horario: De 09:30 h a 20:00 h
N• prazas: 53
Lugar saída: Praza do Concello
Cota: Bus gratuíto


> XIMNASIA PARA MAIORES

Duración: Do 03/09/2019 ao 12/12/2019 (1° grupo)
                Do 04/02/2020 ao 07/05/2020 (2° grupo)
Horario: MARTES E XOVES, de 19:15 h a 20:00 h
N• prazas: 20
Lugar: Ximnasio do pavillón de deportes
Cota: 5 € (perceptores de pensións non contributivas)
         10 € (resto de usuarios)


> COIDA OS TEUS PÉS

Duración: Do 04/09/2019 ao 29/07/2020
Horario:  MÉRCORES, de 10:30 h a 13:30 h 
N• prazas: 12 (límite de pacientes por día)
Lugar: Centro médico de Outeiro de Rei
Cota: 3 €/consulta (perceptores de pensións non contributivas)
          5 €/consulta (resto de usuarios)
    10 €/consulta persoas non empadroadas en Outeiro de Rei (suxeito a dispoñibilidade de prazas)

Previa cita no tfno.: 982 393 281


> MANEXO BÁSICO DO MÓBIL E DE INTERNET

Duración: Do 23/09/2019 ao 20/11/2019
Horario: LUNS e MÉRCORES, de 16:30 h a 18:00 h
N• prazas: 15
Lugar: Centro Cultural
Cota: Gratuíta

> TALLER DE MEMORIA

Para mellorar a memoria e previr o envellecemento cerebral.

Duración: Do 08/04/2020 ao 29/04/2020
Horario: MÉRCORES, de 10:30 h a 12:00 h
N• prazas: 15
Lugar: Centro Cultural
Cota: Gratuíta

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .