|
Na parroquia de Gaioso encontramos dentro da espazosa área recreativa de Penas de Rodas, dúas orixinais moles graníticas que dende o seu elevado emprazamento (619 m.) dominan unha ampla panorámica da penechaira.
Estas moles son o resultado dunha erosión diferencial e en torno a elas a fantasía popular creou numerosas lendas. A máis estendida é aquela que afirma que no interior dunha das pedras hai ouro, que sería para o primeiro que lograra rompela. Pero a outra roca está chea de alcatrán, e se rompe brotará este en tal cantidade que inundará o mundo. Ó non poder identificar cal é a roca do tesouro, salváronse as dúas.
Manuel María, poeta nacido nesta terra, dedica estes versos a Penas de Rodas:
|