> Actualidade

14/09/2021 11:44

> RAPACES E RAPAZAS DE OUTEIRO DE REI ACHÉGANSE AO MUNDO LABORAL GRAZAS A EMPRESAS DO MUNICIPIO

Durante cinco días catorce mozos e mozas de Outeiro de Rei puideron aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:

ÁREA 507. Venda ao por menor de carburante, tenda, restaurante e servizo de vixilancia de camións 24 h.

AVIFAUNA. Parque zoolóxico.

BEN ALONSO, S.L. Carpintería metálica.

D10 CENTRO DEPORTIVO. Centro deportivo con cafetería e restaurante.

GARATUXA. Residencia de mascotas.

IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL. Venda ao por maior de material escolar, artigos e máquinas de oficina e informática.

LASERLUCUS, S.L.U. Taller de gravado e corte por láser.

PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e bollería.

TRANSFORMACIONES AGRARIAS E AGRÍCOLAS MANUEL ÁNGEL. Traballos forestais.

Ademais destas empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller: Fulgencio Casás Lombao, Paulino Carral Méndez, Pan do Manuel e Xardinería Santa Isabel.

Todas estas empresas foron un piar fundamental desta iniciativa; o outro o foron @s 14 moz@s participantes na mesma que responderon con entusiasmo a este compromiso.

As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi valorada positivamente e que lles permitiu coñecer o traballo diario na empresa escollida por eles e colaborar realizando diferentes actividades.

Para completar o programa, este luns realizouse unha visita ao Viveiro Empresarial da Fundación CE en Lugo onde foron recibidos polo seu xerente, Rodolfo Ojea, que tratou entre outros aspectos, dos servizos que ofrece esta entidade aos emprendedores, ademais de realizar un percorrido polas instalacións e de completar esta visita cun encontro con promotores de dúas interesantes iniciativas empresariais: Inside Out English Centre e 3edata.

Finalmente, as persoas participantes na iniciativa foron recibidas no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao, que mantivo un intercambio de impresións e houbo unanimidade á hora de manifestar que todos eles repetirían esta experiencia.

A sétima edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo Concello de Outeiro de Rei.














































Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .