> Actualidade

08/09/2021 01:33

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS EMPRENDEMENTO NO RURAL E XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA EXPLOTACIÓN AGRARIA

O GDR da Comarca de Lugo, en colaboración co Concello de Outeiro de Rei organiza os seguintes cursos:

EMPRENDEMENTO NO RURAL


Duración: Do 27 de setembro ao 1 de outubro de 2021
Horario: De 10:00 h a 14:00 h (20 horas)
Lugar: Centro Sociocultural de Outeiro de Rei
Prazas: 20
Prazo para inscrición: Ata o 22 de setembro
Programa:
  1. Emprendemento no medio rural: da idea á realidade

  2. Desenvolvemento do teu plan de negocio. Modelo Negocio e proposta de Valor

  3. Comunicación e marca no  medio rural. Marketing.

  4. Viabilidade Económica Financeira.

  5. Taller práctico e visita a un proxecto emprendedor no rural





XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA EXPLOTACIÓN AGRARIA


Duración: Do 4 ao 21 de outubro de 2021
Horario: De 16:30 h a 20:30 h (55 horas)
Lugar: Centro Sociocultural de Outeiro de Rei
Prazas: 20
Prazo para inscrición: Ata o 29 de setembro
Programa:
 
Módulo 1. A EMPRESA AGRARIA
A empresa agraria na economía de mercado
Lexislación
Financiamento

Módulo 2. XESTIÓN PRODUTIVA E COMERCIALIZACIÓN
A produción
Asociacionismo
Comercialización e márketing

Módulo 3. XESTIÓN ECONÓMICA FINANCEIRA
Fiscalidade e seguridade social
Facturación e presupostos
Contabilidade

Para inscribirse nestes cursos poden chamar ao teléfono 630 770 112 ou  deixar os seus datos no enderezo electrónico  info@comarcadelugo.gal.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .