> Actualidade

07/09/2021 11:34

> ABERTA A MATRÍCULA DE SETEMBRO PARA FORMACIÓN DUAL NO CIFP POLITÉCNICO DE LUGO

A instancia do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo, difundimos a seguinte información que pode resultar de interese:
Xa está aberto o prazo para a matrícula de setembro na FP DUAL. O prazo abrangue todo o mes de setembro, pero é conveniente matricularse ANTES DO DÍA 15 (data de inicio das clases).

As prazas que quedan libres en cada ciclo formativo de FP dual son as seguintes:

  • CM ELABORACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS: 9 prazas.

  • CM COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA + ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA: 1 praza.

  • CS AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL: 3 prazas.


A formación dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa con actividade formativa nun centro educativo (neste caso o CIFP Politécnico); o período de formación na empresa está remunerado e cotiza á Seguridade Social.
Pódese acadar máis información no tfno.: 982 220 328, e na web www.politecnicolugo.org.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .