> Actualidade

23/08/2021 01:07

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE COSMÉTICA ORGÁNICA, SÓLIDA E ARTESANAL

O Concello de Outeiro de Rei, en colaboración coa Deputación de Lugo e Terras do Miño, pon en marcha un CURSO DE COSMÉTICA ÓRGANICA, SÓLIDA E ARTESANAL. É presencial e de carácter gratuíto

O curso terá lugar o sábado, día 11 de setembro en horario de 10:00 h a 14:00 h no Centro Cultural de Outeiro de Rei.

Para este curso ofértanse 12 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 8 de setembro ou ata cubrir prazas.

Pódese acadar máis información no teléfono 982 393 408 ou nas oficinas da Casa da Cultura.


Descargar cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .