> Actualidade

19/07/2021 10:13

> PROXIMAMENTE ABRIRASE O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA EN VARIAS ACTIVIDADES DA PROGRAMACIÓN PARA PERSOAS MAIORES 2021/2022

O Concello de Outeiro de Rei pon en marcha a onceava edición do PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.

Por este motivo, a partir do luns día 26 de xullo, abrirase o prazo de inscrición para as actividades ofertadas para 2021, concretamente para Ximnasia de mantemento e para o curso de Manexo básico do móbil e de internet.

O prazo de inscrición nestas actividades estará aberto ata o día 10 de agosto.

Igualmente, está aberto o prazo para solicitar cita para podoloxía, estas citas se tramitan no Concello de Outeiro de Rei e serán atendidas a partir de setembro.

Lembrar tamén que dentro da Programación de Actividades de Promoción da Muller 2021 pódese solicitar praza para o curso on line de Formación en novas tecnoloxías II onde se verán os seguintes contidos: citas médicas e en organismos oficiais (2 h); seguridade en internet e no móbil (4 h); aplicacións para móbiles (4 h); videochamadas (Zoom, Skipe…) (4 h); sacamos proveito á tablet (4 h). Este curso está aberto á participación de calquera persoa interesada que teña acceso a internet (preferiblemente a través de PC) e unha conta de correo electrónico; está previsto que se leve a cabo a partir do 30/09/2021.

Pódese recibir máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura, teléfono 982 393 408.


- PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES 2021/2022

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .