> Actualidade

09/07/2021 07:18

> CAMBIOS NO ACCESO DE VEHÍCULOS AO CAMPO DE SANTA ISABEL

A partir desta fin de semana aplicarase unha taxa polo aparcamento no Campo de Santa Isabel de aplicación soamente aos vehículos que accedan ao espazo manténdose a gratuidade para as persoas que entren a pé a este espazo natural.


A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa por cada día de aparcamento ou fracción, establecéndose as seguintes tarifas:







Cota xeral10 €
COTAS ESPECIAIS:
Aparcamento de vehículos que dispoñan de tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, así coma os/as veciños/as do Concello de Outeiro de Rei.2 €
Cota anual: Os/as veciños/as de Outeiro de Rei poderán acadar un abono de vixencia anual aboando unha taxa de 30 euros. Dito abono poderá abranguer a totalidade dos vehículos pertencentes á unidade familiar da persoa solicitante.30 €
EXENCIÓN
Estarán exentos da taxa os/as propietarios/as ou persoas residentes que precisen acceder as súas parcelas ou residencia a través das zonas de circulación restrinxida.


O pagamento das taxas poderá realizarse previa autoliquidación nas oficinas municipais do Concello de Outeiro de Rei en horario laboral ou aboando a correspondente taxa directamente ao persoal a tal fin habilitado cando estea presente no aparcadoiro do Campo de Santa Isabel. Os bonos (cota anual) necesariamente deberán ser tramitados nas oficinas municipais.

Estes cambios son froito da entrada en vigor da Ordenanza municipal reguladora do uso público de zonas verdes e áreas recreativas do Concello de Outeiro de Rei, ordenanza que tamén recolle limitacións encamiñadas á conservación e mantemento dos espazos naturais, entre elas, non se permitirá (salvo autorización municipal):


  • Lanzar en zonas verdes lixo, residuos, cascotes, pedras, papeis, plásticos, graxas ou produtos cáusticos ou fermentables, ou calquera outro elemento.

  • Tallar, apear, podar, arrincar ou partir árbores situadas en espazos públicos ou cortar as súas ramas.

  • Acender lume, calquera que sexa o motivo, en lugares que non estean habilitados para iso.

  • Os animais deberán ir conducidos por persoas e provistos de correa e transitarán polas zonas de paseo evitando causar molestias ás persoas, achegarse aos xogos infantís…; os seus condutores coidarán de que depositen os seus excrementos nos lugares apropiados e sempre afastados dos de localización de xogos infantís, zonas de nenos, etc. e serán responsables da súa posterior recollida.




ACCEDA AO TEXTO ÍNTEGRO da Ordenanza municipal reguladora do uso público de zonas verdes e áreas recreativas do Concello de Outeiro de Rei

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .