> Actualidade

08/06/2021 11:01

> NOVA OFERTA DE FORMACIÓN DUAL NO CIFP POLITÉCNICO DE LUGO

A instancia do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo, difundimos a través desta nova información sobre a oferta formativa de formación profesional dual.

A formación dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo (neste caso o CIFP Politécnico); o período de formación na empresa está remunerado e cotiza á Seguridade Social.

Actualmente, dentro desta modalidade formativa este centro ofrece dous ciclos medios, un de elaboración de productos alimentarios e outro de coidados auxiliares de enfermaría + atención a persoas en situación de dependencia e un ciclo superior de automatización e robótica industrial. Todos eles contan cunha porcentaxe de inserción laboral alta.

Pódese acadar máis información no tfno.: 982 220 328, e na web www.politecnicolugo.org.

- Información sobre a FP Dual


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .