> Actualidade

07/06/2021 08:09

> PROXIMAMENTE CHARLA SOBRE O USO SEGURO E SAUDABLE DAS TICs

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o día 14 de xuño no Salón de Actos da Casa da Cultura, en horario de 19:00 a 21:00 h, unha charla de “INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE O USO SEGURO E SAUDABLE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (INTERNET, MÓBILES VIDEOXOGOS…”, impartida pola Asociación para o uso saudable das TIC (Pantallas Amigas) onde se analizarán entre outros, os seguintes contidos:


  • Internet, dispositivos móbiles, apps. Retos e riscos.

  • Novos perigos nas redes sociais (Whatsapp , Instagram, Youtube, TikTok, Fortnite…)

  • Prevención, detección e pautas de actuación ante casos de Ciberbullying, Grooming, Sexting, Sextorsión…

  • Violencia de xénero dixital…Que é todo isto? Prevención.

  • Consellos para un uso seguro , claves e ferramentas para a mediación parental positiva.


Desde o Concello, en colaboración co CEIP Laverde Ruíz, considérase fundamental que os pais e nais teñan unha información adecuada sobre o uso seguro que fan os seus fillos/as das novas tecnoloxías para facer fronte aos perigos actuais tratando de educar á cidadanía no uso dixital responsable.

Esta iniciativa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, enmárcase dentro do proxecto que está a desenvolver o Concello “EDUCANDO EN IGUALDADE EN OUTEIRO DE REI”, que inclúe tamén sesións dirixidas ao alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria ( 3º, 4º ,5º e 6º) que se realizarán dentro da xornada escolar neste mes de xuño.

Para cumprir cos aforos esixidos pola normativa sanitaria, recoméndase que as persoas interesadas comuniquen a súa asistencia no departamento de Servizos Sociais (tlf. 982 393 281) . Poden realizar esta comunicación ata o propio día de celebración da charla (14 de xuño).


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .