> Actualidade

04/06/2021 07:15

> OBRADOIRO DE GRAFFITI

O Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza unha actividade gratuíta de ocio alternativo saudable a través dun obradoiro de Graffiti en cada Concello.
Con esta actividade preténdese favorecer o desenvolvemento das persoas participantes a través de valores positivos como a cooperación, creatividade e a participación social.


  • DESTINATARIOS: mocidade de entre 11 e 18 anos

  • DURACIÓN: no mes de xuño ( datas pendentes de concretar)

  • PREINSCRICIÓNS: ata 15 de xuño de 2021



Se queres recibir máis información ou realizar a inscrición (ATA O 15 XUÑO):

  • Envía nome e apelidos, teléfono, idade e Concello de residencia ao mail: prevenciondrogas@rabade.org

  • Ou chama ao 982.39.00.62 (9.00 a 14.00 horas)


Descargar modelo de inscrición

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .