> Actualidade

19/05/2021 11:42

> SUSPENDIDA A FEIRA DE ARTESANÍA 2021

O Concello de Outeiro de Rei acordou por segundo ano consecutivo a suspensión da Feira da Artesanía de Outeiro de Rei prevista para o primeiro sábado do mes de xullo.

Aínda que situación actual, derivada da crise sanitaria ocasionada pola covid-19, é bastante mellor que a do ano pasado por estas datas, a incerteza que aínda acompaña a evolución da pandemia, unido á necesidade de tomar unha decisión cunha certa antelación tratando de evitar maiores prexuízos a expositores e empresas subministradoras dos servizos que require este evento, determinaron non alargar máis a toma desta decisión por parte do goberno municipal.

Evidentemente, non é unha decisión fácil a cancelación deste popular evento que normalmente atrae a preto de cen expositores e numeroso público a esta localidade, anulación que seguramente supón un esforzo para as persoas que virían a gozar da feira pero seguramente moito máis, para aquelas outras que virían a traballar na mesma; tamén para o propio Concello de Outeiro de Rei que espera que a feira teña continuidade o próximo ano.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .