> Actualidade

12/03/2021 09:15

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A partir do día 15 de marzo e ata o 30 de abril, ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2021/2022 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo os pais/nais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados na Escola Infantil deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.

Paralelamente, os pais/nais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei; tamén a través desta nova accédese aos impresos ou premendo no banner que aparece na web municipal (outeiroderei.org) destinado á Escola Infantil Municipal.





Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .