> Actualidade

04/01/2021 08:28

> OS REIS MAGOS VISITARÁN OUTEIRO DE REI

VISITA DOS REIS MAGOS

DÍA: MARTES 5 DE XANEIRO

HORARIO: DENDE AS 16:30 h ATA AS 19:30 h

LUGAR: PAVILLÓN DO COLEXIO LAVERDE RUÍZ



Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas do Nadal organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional visita dos Reis Magos, que está previsto se desenvolva no Pavillón do colexio público Laverde Ruíz dende as 16:30 h ata as 19:30 h.

Este ano e debido aos tempos actuais, redúcese a celebración e tratarase de que os nenos e as nenas poidan facer unha foto cos Reis Magos ofrecendo paralelamente a posibilidade de que os pais ou nais que así o desexen poidan levar un regalo para os seus fill@s (un por nen@), regalos que se recollerán na Casa da Cultura (xunto ao colexio), os días 4 e 5 de xaneiro en horario de oficina e tamén o mesmo martes día 5 pola tarde de 16:30 h a 19:00 h, e serán entregados polas súas maxestades en persoa.

En todo momento se cumprirán as normas hixiénico-sanitarias en vigor motivadas pola covid-19.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .