> Actualidade

08/10/2020 07:57

> CAMPAÑA ANUAL DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL

Este ano, a campaña anual de vacinación antigripal cobra especial importancia no actual contexto da pandemia que estamos a padecer motivada pola COVID-19 debido á posible coincidencia no tempo de ambas infeccións.

A instancia da Consellería de Sanidade lembrase que o vindeiro 13 de outubro de 2020, o Servizo Galego de Saúde porá en marcha a campaña anual de vacinación antigripal para todas as persoas de 60 anos ou máis e menores desa idade incluídas en grupos de risco; no caso de pertencer a algún dos grupos de risco é preciso solicitar cita e acudir a vacinarse no centro sanitario habitual.

Tamén, a Consellería de Sanidade pon á disposición das persoas interesadas a páxina web temática da gripe https://gripe.sergas.gal/, que constitúe o portal de información para a sociedade e os profesionais sanitarios e onde poderá atoparse toda a información da campaña.












Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .