> Actualidade

07/09/2020 08:49

> Servizo de Atención Temperá para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

A agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei obtivo unha subvención da Consellería de Política Social para a posta en marcha do servizo de atención temperá nestes concellos, servizo que empezou a funcionar o 01/08/2020.

Na actualidade conta cun equipo de tres profesionais: unha logopeda, unha terapeuta ocupacional e unha psicóloga que prestan servizo na Casa da Cultura de Outeiro de Rei. O horario de atención ao público é de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h.

Trátase dun servizo gratuíto da agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei, cofinanciado pola Unión Europea: Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.


+info.:
SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei
Casa da Cultura, 1º andar. Ctra. N-VI, s/n. 27150 Outeiro de Rei ( Lugo)
Tfno.: 982 393 408
E-mail: atenciontempera@concellodeouteiroderei.org

- ATENCIÓN TEMPERÁ - FOLLETO DIVULGATIVO XUNTA DE GALICIA




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .