> Actualidade

22/06/2020 12:37

> INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO DE PODOLOXÍA E A FESTA DOS MAIORES

O Concello de Outeiro de Rei informa que as persoas maiores que desexen pedir cita de podoloxía para o mes de setembro (iniciativa COIDA OS TEUS PÉS), o poderán facer a partir do día 7 de xullo e durante todo o mes. Ao igual que outros anos, esta iniciativa non funcionará durante o mes de agosto.

Por outro lado, infórmase que a FESTA DOS XUBILADOS, que dende hai anos se celebra o primeiro venres de xullo, este ano debido á crise motivada pola COVID-19 suspéndese temporalmente á espera de ver se as condicións sanitarias permiten a súa celebración.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .