> Actualidade

17/06/2020 07:48

> OFERTA DE FORMACIÓN DUAL NO CIFP POLITÉCNICO DE LUGO

A instancia do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo, difundimos a través desta nova información sobre a oferta formativa de formación profesional dual.

A formación dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo (neste caso o CIFP Politécnico); o período de formación na empresa está remunerado e cotiza á Seguridade Social.

Actualmente, dentro desta modalidade formativa este centro ofrece un ciclo medio de construción e dous ciclos superiores, un de proxectos de edificación e outro de construcións metálicas. Todos eles contan cunha porcentaxe de inserción laboral alta.

Pódese acadar máis información no tfno.: 982 220 328, preguntar por Francisco Bran López, responsable da dinamización da FP DUAL do CIFP Politécnico de Lugo.

- FP Dual en Galicia

- FP Dual no Politécnico de Lugo



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .