> Actualidade

18/05/2020 03:09

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI RETOMA O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A partir do día 18 de maio e ata o 29 de maio , ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2020/2021 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei, de acordo ao Decreto da Alcaldía de data 18/05/2020 no que se acorda levantar a suspensión do prazo de matrícula na escola infantil municipal para o curso 2020/2021.

Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados no Centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.

Paralelamente, os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei e a través desta web municipal accédese aos impresos www.outeiroderei.org ou premendo no banner que aparece na pantalla de inicio destinado á Escola Infantil Municipal.

Para mais información na Escola Infantil Municipal de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, ou no seguinte teléfono 982 393 009 ou 669 849 652.

- SOLICITUDE INSCRICIÓN EIM OUTEIRO DE REI

- SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA EIM OUTEIRO DE REI


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .