> Actualidade

14/05/2020 02:29

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRIU O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS A PEMES E AUTÓNOMOS PARA AXUDAR AO FINANCIAMENTO DE GASTOS CORRENTES DURANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE POR MOR DO COVID-19


O Concello de Outeiro de Rei aprobou a través de decreto de alcaldía de data 4/05/2020 a convocatoria de subvencións a pemes e autónomos para contribuír ao financiamento de gastos correntes durante a suspensión da súa actividade pola alerta sanitaria COVID-19.

Poderán acceder a estas axudas empresas e autónomos con domicilio social e centro de traballo ubicado no termo municipal de Outeiro de Rei que como consecuencia da suspensión de determinadas actividades acordada na declaración do estado de alarma e recollidas no RD 463/2020, de 14 de marzo, tiveran obriga de pechar o centro de traballo por un período mínimo consecutivo de 15 días (entre eles, bares, restaurantes, centros deportivos, museos, parques zoolóxicos,…) así como as empresas produtoras e distribuidoras de ditos establecementos.

O importe da subvención coincidirá co importe das cotas liquidables correspondentes aos consumos mínimos do recibo do servizo municipal de auga, lixo e alcantarillado correspondente ao bimestre de marzo/abril.

As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude na sede electrónica do Concello de Outeiro de Rei cubrindo o formulario previsto na convocatoria, Anexo I (cando os gastos que se imputen á xustificación sexan os da liquidación das taxas citadas será suficiente coa presentación do anexo I debidamente cuberto). Os autónomos, que non exerzan función colexiadas, poderán presentar a solicitude fisicamente no rexistro do Concello.

O prazo de solicitudes remata o 30/05/2020.

Máis información: Convocatoria subvencións PYMES e autónomos gastos suspensión actividade COVID-19 .

- CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A PEMES E AUTÓNOMOS_CONCELLO OUTEIRO DE REI

- ANEXO I_ IMPRESO DE SOLICITUDE

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .