> Actualidade

20/04/2020 02:24

> A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ ESTE XOVES EN OUTEIRO DE REI

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata OUTEIRO DE REI este xoves día 23 de abril e estará sítuada en horario de 12:30 h a 14:00 h ao carón do PAC.
Para maior seguridade, recomendase pedir cita previa para doar no tfno. 900 100 828 e manter, cando se vaia a doar, unha distancia de seguridade mínima dun metro de separación nas zonas de espera.

Dende ADOS agradecen a constante colaboración da cidadanía, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que o SERGAS precisa cada día para axudar a centos de enfermos.



- CARTEL DIFUSIÓN OUTEIRO DE REI
- DOAZON SEGURA
- PROTOCOLOS DE SEGURIDADE

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .