> Actualidade

13/03/2020 02:47

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A partir do día 16 de marzo e ata o 30 de abril , ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2020/2021 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.
Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados no Centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.
Paralelamente, os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.
Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei; tamén a través desta nova accédese aos impresos ou premendo no banner que aparece na web municipal (outeiroderei.org) destinado á Escola Infantil Municipal.

· SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2020/2021

· SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2020/2021

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .