> Actualidade

13/03/2020 10:06

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI SUSPENDE ACTIVIDADES E DETERMINADOS SERVIZOS PÚBLICOS

En atención ás indicacións das autoridades sanitarias dadas dende o Estado e a Xunta de Galicia e co obxectivo de reducir a propagación do coronavirus COVID19, o Concello de Outeiro de Rei suspende todas as actividades municipais previstas para os próximos 15 días nas que participen grupos de persoas, suspensión temporal que se fará efectiva nas seguintes datas:

- Actividade culturais e deportivas a partir de hoxe, venres día 13.

- Servizos da Escola Infantil Municipal e de Conciliación familiar a partir do luns dia 16; suspéndese tamén o funcionamento do servizo de podoloxía para persoas maiores e o servizo de Preescolar na Casa.

Esta paralización de actividades e servizos queda condicionada á evolución e novas informacións sobre o avance ou retroceso deste virus e ás indicacións que neste sentido reciba a administración local por parte das autoridades competentes. En todo caso darase conta á cidadanía dos cambios a través desta web municipal e comunicacións á prensa, estando previsto avisar telefonicamente ás persoas interesadas da continuación das actividades e servizos cando finalice este período de prevención.

Dende o goberno local apelase á responsabilidade dos veciños e veciñas para que adopten as medidas oportunas para velar pola saúde pública seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.

Igualmente, recomendase á cidadanía realizar os trámites co Concello a través de canles non presenciais.

Teléfono de información en Galicia sobre o coronavirus:
900 400 116.


- Medidas preventivas de saúde pública COVID19 (Consellería de Sanidade)

- Preguntas e respostas COVID19

- Hixiene de mans

- Hixiene de mans 2



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .