> Actualidade

09/03/2020 12:43

> ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE PARA AGRUPACIÓNS MUSICAIS

O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música "Asociación Músico Crisanto"" de Outeiro, Rábade e Begonte, porá á disposición das parroquias, asociacións e comisión de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto.

As actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11:00 h e as 21:00 h e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

Agrupacións que se poden solicitar :

  • Banda de Música “ Sons e Soños”

  • Coral

  • Grupo Tradicional



Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia:

  • As parroquias ás que non se lles fose concedida con anterioridade.

  • Aquelas actuacións que sexan para festas patronais, con respecto a outras de carácter veciñal.



O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 10 ao 25 de marzo, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo cuberto que está á disposición do público nas oficinas municipais e na web do Concello.


Descargar folla de solicitude

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .