> Actualidade

05/03/2020 11:33

> ESTE DOMINGO DARANSE A COÑECER OS PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Con motivo da celebración do DIA INTERNACIONAL DA MULLER o 8 de marzo, o Concello de Outeiro de Rei convocou o IV Concurso de Fotografía A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.
As fotografías gañadoras do concurso daranse a coñecer ese día na Casa da Cultura ás 18:30 h nun acto presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo.
Nese acto, de portas abertas, farase a entrega de premios ás persoas gañadoras; a mostra permanecerá aberta ao público en horario de 10:00 h a 14:30 h ata o día 31/03/2020.
Para celebrar ese día, como é tradicional, haberá unha degustación de doces caseiros.
Ademais este ano está previsto, sempre que o tempo acompañe, realizar unha pequena andaina que partira ás 16:15 h das inmediacións do Concello e que rematará cunha sesión de zumba. No caso de facer mal tempo a actividade trasladarase ao Pavillón de Deportes. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición ata o venres no servizo de Deportes, tfno. 982 393 408; igualmente, poden aclarar calquera dúbida sobre a actividade no 659 987 589.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .