> Actualidade

14/02/2020 01:28

> CURSO DE PREPARACIÓN PARA AS COMPETENCIAS CLAVE DE NIVEL 2

O Concello de Outeiro de Rei organiza un curso de preparación para os exames de obtención das competencias clave de nivel 2, formación dirixida a todas as persoas traballadoras que non teñan a titulación mínima obtida a través da ensinanza regulada e requirida para acceder a Certificados de Profesionalidade de nivel 2 , sexan persoas empregadas ou persoas que estean en proceso de busca de emprego.

Os exames normalmente se realizan no mes de maio en Silleda e previsiblemente en breve abrirase o pazo de solicitude para participar neles.

Está previsto que a formación se realice no Centro Cultural de Robra a partir do día 9 de marzo, en horario de 19:00 h a 21:00 h os luns, martes e xoves; a cota de inscrición é de 25 €.

Pódese recibir máis información ou tramitar a solicitude ata o día 26 deste mes na Casa da Cultura de Outeiro de Rei en horario de 10:00 h a 14:30 h ou no tfno 982 393 408.

Esta actividade, aberta á participación de calquera persoa interesada, está incluída dentro da Programación de Actividades de Promoción da Muller 2020.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .