> Actualidade

12/02/2020 10:26

> OBRADOIRO SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola Galega de Saúde para os Cidadáns dependente do SERGAS, organiza un obradoiro sobre alimentación saudable.

Obxectivos:
  • Coñecer os distintos modelos e características dun patrón alimentario saudable.

  • Desenvolver destrezas e habilidades para poder realizar eleccións saudables relativas á adquisición e preparación de alimentos.


Programa:
  • Papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento; na saúde e na prevención da enfermidade.

  • Recomendacións para unha alimentación saudable.

  • Aprendendo a ler as etiquetas de nutrición


Profesorado:
Olga Roca Bergantiños.- Enfermeira supervisora da área sanitaria de Lugo
Dirixido a: persoas usuarias, familias , coidadores , e cidadanía en xeral
Lugar de celebración: Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei
Data: 28 de febreiro do 2020
Horario: de 16.00 a 20.00 h.

As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición na web Escola Galega de Saúde para os Cidadáns a través do seguinte enlace:
https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga

Tamén poden recibir máis información ou tramitar dita inscrición na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno 982 393 408
.
Esta actividade, aberta á participación de calquera persoa interesada, está incluída dentro da Programación de Actividades de Promoción da Muller 2020.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .