> Actualidade

11/02/2020 02:02

> OUTEIRO DE REI ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DE SOMOS CHEF

O vindeiro 22 de febreiro o Concello de Outeiro de Rei acollerá unha nova edición de SOMOS CHEF, evento organizado pola asociación “Somos Unidos por el Cáncer”; a cita terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes de 17:00 h a 20:00 h.
Se tes entre 3 e 12 anos e queres pasar unha tarde divertida aprendendo a cociñar, esta é a túa aportunidade, podes inscribirte chamando ao número 699 92 52 96; a actividade ten un custe de 7 € por nen@.

Os inscritos deberán presentarse o día 22 de febreiro ás 16:15 h no Pavillón Municipal de Outeiro de Rei, para a entrega do material para cociñar (ademais dun gorro e dun mandil ) e a asignación de grupos.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .