> Actualidade

23/12/2019 09:08

> FESTA DE REIS

Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional Festa de Reis, que dará comezo ás 18:00 h coa actuación do Mago Rafa no Salón de Actos da Casa da Cultura; ao seu remate, sobre as 19:00 h, terá lugar unha festa- merenda con roscón, gominolas e outras lambetadas á que están convidados tod@s os nenos e nenas do municipio e que se realizará no pavillón de deportes municipal.

Posteriormente, sobre as 19:30 h, terá lugar a chegada das súas Maxestades de Oriente que iniciarán o seu percorrido visitando ás persoas maiores na Residencia ( Geriatros, Outeiro de Rei) para posteriormente, chegar ao pavillón municipal onde repartirán agasallos aos máis pequenos.

Os pais e nais que así o desexen poderán achegar en horario de oficina os agasallos dos seus fillos á Casa da Cultura ( xunto ao colexio) a semana do 30 ao 3 de xaneiro , e o mesmo domingo día 5 pola tarde ao pavillón municipal, en horario de 16:30 h a 19:00 h, agasallos que serán entregados polos Reis na mencionada festa.

Ver cartel


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .