> Actualidade

10/12/2019 05:05

> CELEBRADA UNHA NOVA SESIÓN DA MESA DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Continuando co normal funcionamento da Mesa Interinstitucional de Coordinación contra a Violencia de Xénero do Concello de Outeiro de Rei hoxe, baixo presidencia do alcalde, José Pardo Lombao celebrouse unha nova reunión na que estiveron presentes os membros da mesma que se relacionan:

SUSANA LÓPEZ ABELLA, Secretaria Xeral de Igualdade

PILAR MÉNDEZ LOMBAO, Concelleira de deportes

BLANCA ARROJO FARELO, Traballadora social

CARMEN MARTÍNEZ REGUEIRO, Educadora familiar

BEATRIZ TRAVESO RODRÍGUEZ, Coordinadora do servizo de condutas aditivas

EMMANUELA DÍAZ CASTRO RIAL, Xefa da Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación do Goberno

MIGUEL BARREIRO PULIDO ,Sarxento da Garda Civil de Rábade

EUGENIA LÁZARE VILA, Médica do Centro de Atención Primaria de Outeiro de Rei

LUCÍA DÍAZ SEIJAS, Directora da Escola Infantil Municipal

NOA PIÑEIRO ADRIO, Directora do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei

LUISA NÚÑEZ CEIDE, Secretaria da Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel

JOSÉ Mª VÁZQUEZ PITA, Secretario do Concello de Outeiro de Rei

PILAR PORRAL IGLESIAS, Directora de Coeduca, consultora de coeducación

SOLEDAD PICÓN ACAL, Técnica de emprego e desenvolvemento local e secretaria da Mesa


Tamén asiste a esta reunión:

ISABEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, Subdelegada do Goberno en Lugo


E escusa a súa presencia:

Mª JOSÉ MARTÍNEZ VIGO, Concelleira de Servizos Sociais


Nesta ocasión, a través de varios casos prácticos estudáronse os protocolos de actuación para o CEIP, IES, EIM, Centro Médico e Concello, protocolos que poderán ser aplicados en casos de detección dalgunha situación de violencia de xénero e que axudarán a que exista unha maior coordinación entre os diferentes órganos e axentes implicados na intervención e no asesoramento de violencia de xénero e ao coñecemento dos servizos implicados nesta loita intentando paralelamente mellorar as actuacións en materia de prevención.

Para facilitar o traballo da Garda Civil e mellorar a atención ás vítimas en casos concretos de violencia de xénero que se precisen a xuízo das persoas profesionais deste Corpo que atendan o caso concreto que motive a petición, dende o Concello facilitouse ao representante na Mesa da Garda Civil e tras as xestións efectuadas dende o Concello en atención ao acordado na anterior reunión da MLC, unha relación de taxistas e de establecementos que ofertan aloxamento no municipio co obxectivo de facilitar no caso de ser preciso aloxamento ou traslados de urxencia a menores se o caso o require.

Finalmente, co obxectivo de traballar na educación e concienciación en temas de igualdade de xénero, acordouse desenvolver varias actividades no primerio semestre do ano dirixidas tanto ao público infantil (alumnos/as do CEIP e usuarios dos diferentes servizos do Concello: escola infantil e servizo conciliación) como a país e nais.

Unha das vías de actuación propostas é a de traballar a través dalgún obradoiro/charla no uso adecuado e crítico da internet e das novas tecnoloxías, especialmente no referente á protección da privacidade das persoas máis vulnerables, neste caso dirixidos a nenos e nenas en idade escolar e tamén, paralelamente, mirar de informar e formar aos pais e nais para que teñan ferramentas á hora de orientar aos seus fillos e fillas para o bo uso destes medios.

Por outro lado, o Concello de Outeiro de Rei colaborará de forma regular co CEIP Laverde Ruiz, na realización dalgunhas actuacións para que todos os nenos en nenas reciban nas primeiras etapas da súa educación, formación en igualdade de xénero nun sentido amplo. Neste primeiro semestre do ano, está en estudo un obradoiro con dinámicas teatrais orientado a detectar estereotipos de xénero, micromachismos e a acadar habilidades sociais, obradoiro dirixido a nenos e nenas dos últimos cursos de Educación Primaria e para os máis pequenos, a realización de contos dramatizados orientados á igualdade.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .