> Actualidade

29/11/2019 02:58

> CHARLA INFORMATIVA SOBRE A IMPLANTACIÓN DA RECOLLIDA SELECTIVA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DE RESIDUOS EN OUTEIRO DE REI


Dende o Concello de Outeiro de Rei estanse a levar a cabo diferentes actuacións a prol do medio ambiente e da conservación do territorio.

Dentro deste contexto, unha das actuacións a desenvolver é o desenrolo do proxecto para a NOVA IMPLANTACIÓN DA RECOLLIDA SEPARADA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI, proxecto subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da convocatoria de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Dito proxecto consiste na recollida de forma separada da fracción orgánica dos residuos xerados nos fogares, para o cal o Concello de Outeiro dotará no ámbito municipal de contedores de cor marrón co distintivo de “Só orgánica” e procurará a súa recollida. Non obstante, para o bo funcionamento desta nova iniciativa é precisa a colaboración dos veciños e veciñas do municipio para que boten neste novo colector marrón unicamente os residuos axeitados.

Nun primeiro momento, esta colaboración será especialmente precisa no caso das persoas residentes da Urbanización Santa Isabel, barrio piloto seleccionado para iniciar esta nova experiencia de implantación do 5º contedor destinado á recollida da fracción orgánica dos residuos, para logo estender a experiencia a diferentes puntos do municipio e tamén será especialmente importante nos establecementos xeradores de cantidade destes residuos (grandes produtores). Non obstante, esta implantación será progresiva no resto do municipio e en todos os casos de carácter voluntario.

Por tal motivo, animamos a asistir a todas as persoas interesadas á charla informativa sobre a NOVA IMPLANTACIÓN DA RECOLLIDA SEPARADA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI que terá lugar na CASA DA CULTURA DE OUTEIRO DE REI o próximo día 04/12/2019 ás 20:00 h.
Para calquera consulta ó respecto non dubide en poñerse en contacto co Concello de Outeiro de Rei.

Descargar cartel


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .