> Actualidade

21/10/2019 10:11

> CHARLA PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO FEMININO EN OUTEIRO DE REI

A Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá o luns 4 de novembro a charla MULLERES CREANDO NO RURAL impartida por persoal técnico da Asociación de Empresarias da provincia de Lugo .

Esta acción está pensada para fomentar o emprendemento feminino rural, orientado ás mulleres a sectores emerxentes do sector rural da provincia, falando de todo o proceso, dende a maduración da idea ata que se convirte nunha realidade, pasando polas formas de financiación, a elaboración do plan de empresa, a presentación de casos de éxito de mulleres que emprenderon no rural...

Trátase de empoderar á muller rural e animala a que emprenda polas oportunidades que pode haber, non por necesidade.

Dende o Concello de Outeiro de Rei se anima a todas as persoas que teñan interesa no tema a asistir.

Data de celebración: 4 de novembro

Hora: 20:00 horas

Lugar: Casa da Cultura , Outeiro de Rei


- Descargar cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .