> Actualidade

11/10/2019 12:03

> PROXIMAMENTE PORASE EN MARCHA EN OUTEIRO DE REI UN NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO

Esta previsto que proximamente se inicie un novo obradoiro de emprego financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A solicitude de subvención para a posta en marcha do mesmo foi realizada conxuntamente polos Concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei sendo tramitada nesta ocasión polo Concello de Cospeito, promotor do obradoiro.
En Outeiro de Rei a especialidade que se impartirá será o certificado de profesionalidade de nivel 3 Levantamentos e replanteos; a tal fin serán seleccionadas 6 alumn@s-traballadores/@as desempregados que durante nove meses terán un contrato de formación e aprendizaxe co que se pretende mellorar a cualificación profesional das persoas beneficiarias favorecendo a súa posterior inserción laboral.
A selección de alumnos/as realizarase previa oferta á oficina de emprego Lugo Sur (no caso do Concello de Outeiro de Rei) e será realizada por un grupo de traballo mixto presidido por un representante da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego Industria.
Recomendase ás persoas que estean interesadas en participar que o soliciten na oficina de emprego á maior brevidade.
Ao ser un curso de nivel 3, para poder acceder ao mesmo é preciso:
• Estar en posesión do titulo de bacharelato (BAC (LOE/LOGSE; se por exemplo se ten BUP habería que ter tamén COU) ou dun certificado de profesionalidade de igual nivel ao que se desexa acceder (nivel 3)
• Ou ter un certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional (familia profesional: edificación e obra civil)
• Ou ter superado as probas de acceso a un ciclo formativo de grao superior; ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 y/o de 45 anos
• Ou ter as competencias clave superadas de nivel 3

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .