> Actualidade

10/10/2019 02:31

> PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES E MAGOSTO

O venres día 18 de outubro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ás 21:00 h a presentación das actividades de inverno de lecer, cultura, deporte e da Oficina de Información Xuvenil para a tempada 2019-2020.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o luns 21 de outubro ata o 31 do mesmo mes ou ata cubrir prazas.

Como remate do acto e ao igual que en anos anteriores, terá lugar un magosto popular acompañado de pinchos variados no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz ao que están convidados todos os veciños e veciñas do municipio.

Descargar cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .