> Actualidade

30/08/2019 14:28

> PROXIMAMENTE CURSO DE MANEXO SEGURO DA MOTOSERRA

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, promove un curso presencial e gratuíto de prevención de riscos laborais no sector forestal de  MANEXO SEGURO DA MOTOSERRA dirixido a persoas traballadoras, maiores de idade, con interese na actividade forestal.
O contido do mesmo será o seguinte:
  1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa relacionada. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA (1 hora).

  2. A prevención de riscos laborais no manexo da motoserra (4 horas):
    1. Planificación dos traballos de aproveitamento

    2. Corta polo pé e procesamento

    3. Árbores sentadas e árbores apoiadas

  3. Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora).

  4. A prevención de riscos laborais co tractor. Seguridade viaria no manexo de máquinas automotrices por estradas e camiños agrícolas e forestais (1 hora).

  5. Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente. PAS (1 hora).

  6. Práctica de campo. Manexo seguro da motoserra: montaxe e desmontaxe, mantemento e identificación dos dispositivos de seguridade; técnicas de apeo, derramado e tronzado (12 horas).


Esta formación realizarase no Centro Cultural de Robra (Outeiro de Rei) durante os días 23 a 27 de setembro de 2019 en horario de 16:00 a 20:00 horas. O curso terá unha duración de 20 horas lectivas e un máximo de 15 prazas (para poder realizar esta acción formativa é preciso contar cun mínimo de 10 alumnos/as).

Á hora de seleccionar ao alumnado, o ISSGA establece como criterios de prioridade ter unha vinculación laboral ou formación relacionada coa actividade forestal; non obstante, se non se cobren as prazas, poderá acceder ao mesmo calquera persoa interesada no tema.

As persoas  interesadas poderán consultar información adicional e inscribirse no curso con data límite o 18 de setembro tanto na web do ISSGA (http://issga.xunta.gal) como no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local   no Concello de Outeiro de Rei, teléfono 982 393 382.


Ver cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .