> Actualidade

30/08/2019 11:02

> O CONCELLO ORGANIZA A CHARLA: QUE É O LINFIDEMA NUN CANCRO DE MAMA? E UNHA ACTIVIDADE DE INICIACIÓN Á MARCHA NÓRDICA

O Concello de Outeiro de Rei, en colaboración coa Asociación SOMOS unidos por el cáncer, organiza para o sábado 14 de setembro a charla: Que é o linfidema nun cancro de mama? que será impartida en horario de 10:00 h a 11:30 h no salón de actos da Casa da Cultura; posteriormente, realizarase unha actividade de iniciación á marcha nórdica, un deporte con múltiples beneficios a nivel físico tanto para xente que padeceu cancro como para as persoas en xeral.

Ambas actividades son de carácter gratuíto pero é preciso anotarse para poder asistir, o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de setembro de luns a venres de 10:00 h a 14:30 h nas oficinas da Casa da Cultura (teléf. 982 393 408).

Ver cartel da charla

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .