> Actualidade

17/07/2019 02:45

> OITO CONCELLOS DA PROVINCIA ASINAN EN OUTEIRO DE REI UN CONVENIO PARA A SOLICITUDE CONXUNTA DUN PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

No dia de hoxe, a agrupación de Concellos integrada polos Concellos de OUTEIRO DE REI-FRIOL-RÁBADE- BEGONTE-COSPEITO-CASTRO DE REI-ABADÍN –MONDOÑEDO asinaron na Casa Consistorial de Outeiro de Rei un convenio de colaboración para a solicitude conxunta dunha subvención á Conselleria de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a realización dun Programa Integrado de Emprego.

O Concello de Outeiro de Rei será o promotor desta solicitude que ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral de persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas, intermediación laboral e mobilidade xeográfica.










Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .