> Actualidade

16/07/2019 09:35

> AÍNDA HAI PRAZAS DISPOÑIBLES PARA A XORNADA O CIDADÁN DIXITAL

Dende o Concello de Outeiro de Rei queremos recordar que ainda quedan prazas libres para a xornada O Cidadán Dixital que se celebrará este xoves día 18 de xullo no Centro Cultural en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Esta xornada práctica busca proporcionar ás persoas asistentes coñecementos para manexarse a un nivel básico nas novas tecnoloxías. Algúns dos puntos que se verán na xornada son:

- Busca de información na rede.
- Manexo do correo electrónico.
- Solicitar, consultar e eliminar citas médicas, coa ITV, Facenda e a DXT.
- Realizar trámites coa Xunta, coa Consellería do Medio Rural ou consultar axudas ou subvencións que se podan solicitar.
- Manexo da banca electrónica.
- Adquirir coñecementos para o uso do Maps e redes sociais.

A inscrición a esta xornada é gratuíta e pode facerse presencialmente no servizo de emprego e desenvolvemento local do Concello de Outeiro de Rei en horario de 9:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 382.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .